Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Varias historias mestúranse nun mesmo espazo escénico dominado pola instalación dun circo francés nunha pequena vila. Trátase de historias comúns, protagonizadas por personaxes comúns que de cando en vez ven como se lles revira a folla da súa vida por mor dun vento ferido.
Teatro AURIN de Moaña nace en 1983 cun grupo de adolescentes dirixidos por Pedro P. Riobó. Na súa traxectoria pódense establecer tres etapas marcadas por tres xeracións que coinciden coas tres últimas décadas nas que o grupo presentou umha vintena de espectáculos. O último grupo de traballo comeza a súa andaina en 2007 e en 2008 estrea Comedia bífida. Aurin participou nas dúas últimas edicións do festival “Revoltallo de pedra” da Mostra Internacional de Teatro Cómico-festivo de Cangas con dúas montaxes de rúa, a última delas O tolo da estatua. O 13 de decembro de 2009 estrea no Centro Cívico Caranza de Ferrol Vento ferido.
Sem comentários:
Enviar um comentário